facetas

20 resultados

Amado Carballo, Luis, 1901-1927

(Pontevedra, Galicia, España, 1901 - Pontevedra, Galicia, España, 1927)

Luís Amado Carballo foi un escritor galego en lingua galega, cofundador da revista Alborada e pai do hilozoísmo ou animismo. Moi relixioso, interesado pola teosofía, militou como galeguista e pertenceu ás Irmandades da Fala. Foi, xunto con Manuel Antonio, un dos poetas...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Carré Aldao, Eugenio, 1859-1932

(A Coruña, Galicia, España, 1859 - A Coruña, Galicia, España, 1932)

Foi un escritor en linguas castelá e galega, editor e libreiro galego, membro fundador da Real Academia Galega da que foi secretario de 1905 a 1906 e de novo, durante dez anos, de 1909 a 1919. Sucedeu a Andrés Martínez Salazar como Cronista oficial da Coruña.
Os avós paternos foron industriais...

Artigos da revista nos que participa 2 [Ver]

Carré Alvarellos, Leandro, 1888-1976

(A Coruña, Galicia, España, 1888 - A Coruña, Galicia, España, 1976)

Foi redactor na Coruña de Vida Gallega, colaborou en Coruña Cómica (co pseudónimo "Fabriella") e en Tierra Gallega (co pseudónimo "L. de S."). Foi un dos fundadores das Irmandades da Fala e colaborou en A Nosa Terra, da que foi director duran...

Artigos da revista nos que participa 5 [Ver]

Castelao, 1886-1950

(Rianxo, A Coruña, Galicia, España, 1886 - Bos Aires, Arxentina, 1950)

Castelao foi a figura máis importante da cultura galega do século XX. Escritor, debuxante e político, está considerado o pai do nacionalismo galego. Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a...

Artigos da revista nos que participa 20 [Ver]

Correa Calderón, E., 1899-1986

(Baralla, Lugo, Galicia, España, 1899 - Pobra de Trives, Ourense, Galicia, España, 1986)

Evaristo Correa Calderón foi un escritor e xornalista galego. Fundou en Baralla o semanario El Eco e dirixiu en Lugo El Chiste Semanal e De Todo un Poco, no que publicou os seus primeiros versos. Membro das Irmandades da Fala, colaborou en La Idea Moderna, o xornal máis prestixioso de Lugo, cando só...

Artigos da revista nos que participa 3 [Ver]

Fraguas Fraguas, Antonio, 1905-1999

(Loureiro, Cotobade, Pontevedra, Galicia, España, 1905 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1999)

Destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e ...

Artigos da revista nos que participa 5 [Ver]

Lence-Santar y Guitián, Eduardo, 1876-1960

(Mondoñedo, Lugo, Galicia, España, 1876 - Mondoñedo, Lugo, Galicia, España, 1960)

Foi un escritor e xornalista galego.
Pasou os seus primeiros anos en Portomarín e Sarria, e volveu a Mondoñedo en 1901. Arquiveiro municipal do concello de Mondoñedo, foi nomeado cronista da cidade en 1917. Foi un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917 e un dos asinantes do ma...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Losada Diéguez, Antón, 1884-1929

(Boborás, Ourense, Galicia, España, 1884 - Pontevedra, Galicia, España, 1929)

Antón Losada Diéguez foi un intelectural e ensaísta, membro fundamental da Xeración Nós.
O seu entorno familiar procedía da fidalguía e caracterizábase por unha profunda ideoloxía tradicionalista e ca...

Artigos da revista nos que participa 9 [Ver]

Lugrís Freire, Manuel, 1863-1940

(Sada, A Coruña, Galicia, España, 1863 - A Coruña, Galicia, España, 1940)

Manuel Lugrís Freire foi un poeta, ensaísta e dramaturgo galeguista, un dos principais animadores da política e da cultura galegas de principios do século XX. Fundou o primeiro periódico americano redactado en lingua galega. Foi director ou cofundador da Escola Rexional de Declamación, da Real Acade...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

López Abente, Gonzalo, 1878-1963

(Muxía, A Coruña, Galicia, España, 1878 - Muxía, A Coruña, Galicia, España, 1963)

Foi un escritor en lingua galega que cultivou o xornalismo, a narrativa, o teatro e a poesía, baseando na Costa da Morte boa parte da súa obra. Dirixiu a Irmandade da Fala de Muxía. En 1971 foi homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Foi fillo de Francisco López García, capitán da mariña mercan...

Artigos da revista nos que participa 7 [Ver]